Experiencias
Finca a Sobreira
Experiencias na nosa finca Sobreira
A mazá Galega é un das iconas da agricultura e da gastronomía das comarcas de Galicia. Na Estrada, as maceiras debuxan unha paisaxe agrícola de gran beleza que moitos agricultores cultivaron ao longo do tempo con paixón, amor e dedicación.
Gustaríache visitar a nosa Leira Sobreira? Ven a dar un paseo para que poidas coñecer mellor o que facemos e como o facemos. Terás a oportunidade de coñecer os nosos cultivos e reses, aprender sobre as nosas prácticas e os valores que queremos impregnar en cada parte do noso proxecto, ademais de degustar os nosos produtos directamente, sen intermediarios. Se decides realizar esta experiencia connosco e tes preguntas, por favor, contáctar. Estaremos encantados de resolver as túas dúbidas e axudaranos a prepararnos mellor para recibirche.”
Que inclúe a experiencia entre reses, maceiras e visita á sidraría?
Inclúe visita a parcelas con 27 variedades autóctonas diferentes e explicación sobre a produción, degustación de zume de mazá natural 100%, cata de sidras ecolóxicas de elaboración artesanal, presentación de produtos derivados da mazá e degustación de produtos de proximidade elaborados coas mans de artesáns do noso enclave. Para poder visitar a gandería será imprescindible utilizar o voso medio de transporte propio.
Información
- DURACIÓN APROX.: 90 minutos
-
TARIFA: 15€/persoa ( min. 8 pers. / max. 50 pers.).
Resto consultar - DISPONIBILIDADE: ao longo de todo o ano, sempre que se fixo reserva previa a través do teléfono ou a central de reservas.
- RESERVAS: Mínimo con 5 días de antelación.
Finca a Sobreira
Estancia en plena natureza
Tamén poderedes pernoitar nun dos nosos albergues no medio da natureza. E se tes unha autocaravana ou tenda de campaña, buscarémosche o sitio ideal na leira para a túa cómoda estancia.