Gandería

Finca a Sobreira

Gandería

Apadriñando e/o Amadriñando unha das vacas ou cabalos de leira A Sobreira fas posible que poidan ser rescatadas e atendidas, que reciban atención veterinaria, unha alimentación saudable, unha contorna de liberdade e os coidados necesarios para gozar das súas vidas. Pero isto non é todo, cada un destes animais necesita o agarimo e o apoio necesario para esquecer as súas experiencias traumáticas e contigo ao noso lado proporcionarémosllo. Achegámosche dunha forma real e divertida a vida dos nosos animais, para que poidas coñecelas vivencias das nosas vacas e as súas ternerit@s desde casa. Colgaremos na túa sección durante un ano, dentro da nosa páxina web as fotos e vídeos, seleccionando os eventos e peculiaridades dos nosos animais. Tamén recibirás no teu domicilio un lote de produtos elaborados coidadosamente na nosa leira A Sobreira cun valor estimado de 120 euros. Ademais dámosche a posibilidade de vir visitarnos
(colexios e grupos contactar previamente)